PRESENTACIÓN

O espazo local é o que está máis preparado para enfrontar os desafíos que lle impón a globalización, porque están en maior contacto coa cidadanía”Borja & Castells

A asociación de profesionais de desenvolvemento local de Galicia (Afiprodel-Galicia) organiza a I Feira de Desenvolvemento Local coa cofinanciación da Deputación da Coruña e a colaboración do Concello de Ames (A Coruña). O lema desta feira e “A forza do local”resume a finalidade deste evento que non é outro que o de visibilizar as boas prácticas que dende os territorios galegos están a desenvolverse coa participación dos profesionais de desenvolvemento local.

A forza do local relacionase co termo Glocalización, estratexia de “pensar globalmente e actuar localmente”, e amosa un campo de exploración e praxis innovadoras e colaborativas que conta cos aspectos económico, social-cultural e político-institucional para un desenvolvemento humano, intelixente, sostible, e harmónico.

Cando se fala de desenvolvemento, todos sabemos que en principio estamos falando dunha aspiración de obxectivos múltiples. O desenvolvemento non só é o crecimento económico, non só é o logro de maiores niveis de eficiencia, senon que implica tamén unha serie de valores que se adicionan e que xogan simultáneamente como, por exemplo, maiores niveis de equidade, mellor calidade de vida, equilibrio territorial e sectorial entre os distintos compoñentes dun espazo determinado, xa sexa a nivel nacional ou a nivel local.Francisco Alburquerque

I FEIRA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL
  • EXPOSICIÓN DE BOAS PRÁCTICAS ‘A FORZA DO LOCAL’. Expóñense proxectos e actuacións realizados por  empresas, entidades e servizos  de desenvolvemento local. Esta exposición percorrerá os concellos galegos unha vez rematada a Feira. Durante o sábado da feira estará disponible unha sala para facilitar os contactos entre os responsables dos proxectos e as persoas e profesionais interesados en coñecer máis polo miúdo esta boa práctica.
  • XORNADAS ‘A FORZA DO LOCAL’. Complementase a feira con mesas redondas, sesións expositivas de proxectos e actividades de intercambios entre AEDL e/ou empresas executoras de actuacións.
  • FEIRA ‘A FORZA DO LOCAL’. A feira conta con actividades complementarias de dinamización a cargo dos protagonistas dos proxectos presentados, artesanías en vivo, exposicións de produtores locais, actos culturais e de divulgación que se realizará na zona de carpas exterior.

OBXECTIVOS

Baixo o paraugas do desenvolvemento humano, sostible, intelixente e harmónico dos recursos endóxenos do territorio, a I Feira de Desenvolvemento Local pretende:

· VISIBILIZAR

  • Boas prácticas dos profesionais de desenvolvemento local nos territorios
  • Os AEDL e os emprendedores do territorio, incluídas asociacións e entidades privadas.
  • As actividades realizadas por AFIPRODEL

· PROMOCIONAR

  • A rede de desenvolvemento local galega e internacional.
  • A conmemoración dun día internacional do desenvolvemento local.
  • O traballo en rede e proxectos interterritoriais de desenvolvemento local.
  • As actividades realizadas por AFIPRODEL

· INTERCAMBIAR

  • Experiencias e metodoloxías empregadas polos AEDL
  • Contactos entre empresas, entidades e persoas executoras dos proxectos máis significativos e innovadores nas diferentes áreas de desenvolvemento local realizados en Galicia
  • Formación e información sobre novidades e materias de interese para os profesionais de desenvolvemento local

DATAS
  • Venres 27 de novembro de 17:00 a 21:00 h: Montaxe de espazos de exposición e carpas, recepción e actividades de encontro e intercambio entre profesionais de desenvolvemento local.
  • Sábado 28 de novembro de 10: 00 a 20:00 h: Exposición, xornadas e actividades complementarias da Feira.

LOCALIZACIÓN

Pazo da Peregrina (Bertamiráns)

Avenida Jose Luis Azcárraga, 5 – 15220 Concello de Ames – A Coruña

Captura147